Segundo sábado de folga nas tendas de H&M de Pontevedra e Vigo
Por Redacción
O persoal das tres tendas de H&M da provincia de Pontevedra celebrarán este sábado a súa segunda xornada de folga. A anterior tivo lugar o 8 de maio e o seguimento foi do 100%, polo que os tres comercios, dous en Vigo e un na cidade do Lérez, permaneceron pechados durante todo o día.
A protesta terá lugar en Vigo, fronte ao museo Marco, de 12:00 a 13:00 horas pola mañá e de 18:00 a 19:00 horas pola tarde.
Un día antes desta folga, que afectará a uns 4.000 traballadores, o persoal das tendas da multinacional sueca volveu a protagonizar senllos paros de dúas horas, concentrándose ás portas das súas tendas.
Lamenta o persoal que mentres continúan as protestas a nivel estatal, a empresa non abandona as súas pretensións e comeza un procedemento de modificación das condicións de traballo polo que as mobilizacións para tentar que a firma "cese no seu empeño de realizar esta sangría coas súas traballadoras e traballadores", sosteñen nun comunicado asinado polo comité de empresa de Pontevedra.