Comezan as obras para a ampliación do Cemiterio da Raña cun novo columbario
Por Redacción
No Cemiterio Municipal da Raña, o máis utilizado de Marín, comezaban este martes as obras de construción dun novo columbario e de oito panteóns, "unha actuación que é necesaria para a ampliación do camposanto", segundo informan desde o Concello. Estes traballos están a ser realizados pola empresa ACEVI.
En total, proxéctanse 80 pequenos nichos no novo columbario, cunhas dimensións de 50 cm de alto, 50 de ancho e 97 de longo. Tamén se construirán 8 novos panteóns para un total de 28 nichos cada un, ademais dun almacén integrado nun deles para dar cabida aos servizos de pluviais. Esta obra suporá traballos de demolición, creación de estruturas, saneamento e cantería, cun investimento de case 70.000 euros.
Tanto o columbario como os panteóns construiranse na parte nova do cemiterio, xunto co último columbario que se creou e para o que o Concello de Marín tamén ten outro proxecto para a reforma da súa cuberta.
Ademais destes traballos, estase a realizar outra actuación co obxectivo de protexer da chuvia tanto á fronte de cada un dos nichos como ás flores e cirios que os familiares dos defuntos depositan con frecuencia na base do mesmo.
A superficie construída da nova cuberta será de 18 metros cadrados, cunha altura máxima de 3,72 metros. O prazo estimado desta actuación secundaria é dun mes e medio e suporá unha inversión de 8.923,87 euros.
Relacionadas:
-
O cemiterio da Raña xa ten listos o novo columbario e os panteóns
Por Redacción |
-
Adxudican o proxecto para ampliar o cemiterio da Raña
Por Redacción |
-
Proxectan máis de 300 novos espazos para a sepultura no cemiterio da Raña
Por Redacción |
-
O novo acceso peonil ao cemiterio da Raña, a piques de estrearse
Por Redacción |