Preto de 31.000 pontevedreses xa descargaron o Bono Activa Comercio da Xunta
Por Redacción
O director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Manuel Heredia, visitou este xoves varios dos 63 establecementos adheridos á iniciativa do Bono Activa Comercio no concello de Marín, onde xa son máis dun millar os usuarios desta iniciativa.
Polo que respecta á provincia de Pontevedra, ata o momento, un total de 30.952 persoas descargáronse o bono para mercar nalgúns dos 1.645 locais que se uniron a este proxecto de dinamización do comercio de proximidade da Xunta.
Durante o seu percorrido por algúns dos comercios marinenses adheridos a este proxecto, Manuel Heredia destacou a gran acollida que está a ter a campaña e recordou que aqueles comercios que estean interesados en adherirse poden facelo aínda ata o 31 de maio a través da web bonosactivacomercio.gal.
Así mesmo, os clientes que aínda non conten co seu bono poden rexistrarse na mesma web e descargar os vales descontos por valor de 30 euros a través dunha aplicación móbil. O importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra: as que sexan iguais ou superiores a 30 euros terán un desconto de 5 euros, mentres que ás compras iguais ou superiores a 50 euros lles corresponde un desconto de 10 euros.
Os Bonos Activa Comercio forman parte do Plan de medidas específicas de apoio ao comercio galego que conta con axudas para incentivar o consumo e apoiar a modernización do sector a través da dixitalización e o comercio en liña.
Relacionadas:
-
Os bonos consumo chegan a Vilaboa para reactivar a hostalería local
Por Redacción |
-
O Bono activa comercio conta xa con máis de 3.000 beneficiarios na cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Xa se poden pedir os bonos desconto da Xunta para realizar compras no comercio de proximidade
Por Oskar Viéitez |
-
Activan bonos de 30 euros en descontos para reactivar o comercio local
Por Redacción |