A xustiza gratuita, está en perigo?
Por Oskar Viéitez
O Congreso aprobará o mércores 31 de outubro a subida das taxas xudiciais.
A nova regulación contempla que os recursos pasen de ser gratuitos a ter unhas taxas de 500 e 750 euros.
Este proxecto de lei do ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, recibiu a crítica das asociacións xudiciais, fiscais e de secretarios xudiciais e do Consello Xeral do Poder Xudicial por entender que a elevada cuantía das taxas "cercena" o dereito a tutela xudicial efectiva dos cidadáns amparándose nun afán "recaudatorio" e "disuasorio".
Segundo denunciou a avogada pontevedresa e deputada electa do PSdeG, Patricia Vilán, o proxecto, "por primeira vez impón aos cidadán a obriga de pagar taxas en primeira instancia, isto é, a primeira vez que se acode ao xulgado para reclamar o que a un lle deben. E non taxas de 50 euros senón de 300 máis 0,5% da cantidade que se reclama nun Ordinario, e de 150 euros máis 0,5% da cantidade que se reclama nun verbal ou nun monitorio".
"A isto sumemos honorarios de avogado e o 21% de IVA. E dicir, que un cidadán medio non pode asumilo", denuncia Eva García da Torre, secretaria provincial de Xustiza do PSdeG-PSOE.
Esta portavoz socialista cualificou de inconstitucional á lei de taxas xudiciais, xa que "nos imos a atopar co cidadán cliente e co cidadán que non vai ter opción de acudir á xustiza, haberá unha de ricos e outra de beneficencia e acabarase expulsando á clase media do sistema", concluíu.
O texto tramítase de urxencia coa previsión de que o Senado o aprobe en novembro.