As probas de cribado realizadas en Moraña detectan dous positivos por covid
Por Redacción
O Concello de Moraña informou a última hora deste domingo do resultado dos cribados de detección de covid realizados polo Servizo Galego de Saúde no municipio ante a alta incidencia de casos.
No maior deles, realizado no pavillón municipal de deportes durante o xoves 20 e o venres 21, detectáronse dous resultados positivos por coronavirus. A estas probas estaban chamadas 996 persoas de entre 15 e 29 e de 40 a 49 anos, cunha asistencia de 573 veciños.
Onde non se detectaron contaxios foi no cribado realizado entre a comunidade educativa e escolar do CEIP Santa Lucía, no que se realizaron ata 392 probas.
A pesar destes resultados o alcalde de Moraña, José Cela, mantén que a subida da incidencia no municipio é "preocupante".
Relacionadas:
-
Preocupación en Moraña polo aumento de casos positivos por covid-19
Por Redacción |
-
O Comité Clínico sitúa a Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña e Ponte Caldelas en nivel alto de restricións
Por Redacción |
-
Haberá cribados en Moraña o xoves e venres ante a aparición de novos casos activos
Por Redacción |