Nos últimos cinco días houbo 18 casos de violencia machista na provincia, nove deles de risco alto
Por Oskar Viéitez
A subdelegada do Goberno, Maica Larriba informou que na provincia, a día de hoxe, existen 1.170 casos activos no Sistema Vioxén, o sistema de seguimento integral nos casos de violencia de xénero do Ministerio de Interior, sendo 22 de estes casos de risco alto.
Ademais, do 10 ao 14 de xuño contabilizáronse 18 novos casos de mulleres vítimas de violencia machista: 9 de estes casos son de risco alto, 2 de risco medio, 2 de risco baixo e 5 de risco non apreciado.
Maica Larriba sinalou que "os datos reflicten un importante aumento das denuncias das mulleres e con un risco alto de padecer unha nova agresión".
"As mulleres deben saber que a maquinaria da administración e dos corpos e forzas de seguridade do estado están o seu servizo para combatir esta lacra", concluíu a subdelegada.
VIOLENCIA VICARIA
A subdelegada lembrou aos 41 nenos e nenas asasinados polos seus pais desde 2013 e as 1.096 mulleres asasinadas polas súas parellas desde que se estableceu o sistema de seguimento da violencia de xénero en 2003.
"Estas últimas horas están a ser dramáticas, non só pola confirmación do achado do corpo sen vida dunha das nenas secuestradas polo seu pai en Tenerife que conmocionou a toda a sociedade, senón tamén polo asasinato en Sevilla dunha moza de 17 anos pola súa parella", explicou.
Desde que comezou este ano, son 18 as mulleres asasinadas por violencia machista, sendo especialmente tráxico este mes de xuño, no que se produciron xa catro asasinatos.
Relacionadas:
-
"No caminas sola", a campaña para liberar o Camiño de Santiago de violencia machista
Por Redacción |
-
A "intolerable" violencia vicaria saca á rúa a políticos e institucións
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Concentracións de dor e repulsa contra a violencia machista
Por Redacción |
-
Un mural en Caldas para denunciar unha sociedade que "maquilla" a violencia machista
Por Redacción |
-
A Policía Local detivo un veciño de Pontevedra por agredir á súa parella
Por Oskar Viéitez |