Carmela Silva, tras a condena ao alcalde de Vilanova: "É unha boa sentenza para todas as mulleres"

Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou que a condena a alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, que a chamou "chacha para todos" é unha "boa sentenza" para todas as mulleres.
A preguntas dos xornalistas en Pontevedra, Silva mostrou a súa confianza que esta resolución xudicial sexa un "instrumento para o cambio", ao entender que "non é tolerable" que as mulleres teñan que soportar este tipo de descualificacións e insultos.
"Espero que sirva para que a xente se mida, para que haxa respecto e as mulleres non teñamos que sufrir este tipo de cuestións", subliñou a dirixente socialista, que afirmou estar "satisfeita" tras o reproche xudicial ao rexedor do PP.
A presidenta provincial lembraou que ela denunciou no seu día ao alcalde de Vilanova "en defensa dos dereitos das mulleres", para o que acudiu ao poder xudicial "non só como persoa que se dedica á política".
En todo tipo de cuestionamientos políticos, segundo Silva, "hai límites que non se poden traspasar", especialmente a descualificación, o insulto e o machismo.
"Dirixinme ao poder xudicial que actuou e resolveu", engadiu a presidenta da Deputación de Pontevedra, que subliñou que as mulleres "se poden sentir protexidas" polos tribunais, á vista de sentenzas deste tipo.
Carmela Silva non quixo pronunciarse sobre a petición do PSOE para que o rexedor dimita ou, en caso contrario, sexa o PP quen lle expulse, aínda que entende que "é algo que debería suceder", aínda que matizou que "por respecto ao poder xudicial quedo aquí".
Tras destacar que "eu non quero confrontación con quen espera ese tipo de confrontación", Silva sinalou que "eu me nego a formar parte desa forma de actuar" e apuntou que "espera" que Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda "digan algo" desta sentenza.
Relacionadas:
-
A Audiencia desestima o recurso de Gonzalo Durán contra a súa condena polos insultos a Carmela Silva
Por Redacción |
-
Monte Porreiro, punto de partida do PSOE provincial cara ás próximas eleccións municipais
Por Redacción |
-
Regades responde a Feijóo: "Non se pode normalizar os insultos a unha muller"
Por Redacción |
-
Carmela Silva sente "profunda tristeza" porque Feijóo non a defende ante as declaracións machistas do alcalde de Vilanova
Por Oskar Viéitez |
-
Núñez Feijóo, tras a condena ao alcalde de Vilanova: "Se hai un partido que insulta e difama é o PSOE en Pontevedra"
Por Redacción |
-
Gonzalo Durán considera que a súa condena é "un atentado total y absoluto a la libertad de expresión"
Por Oskar Viéitez |
-
O PSdeG-PSOE pide a dimisión ou a expulsión de Gonzalo Durán do Partido Popular
Por Redacción |
-
Condenado o alcalde de Vilanova por chamar "chacha para todo" á presidenta da Deputación
Por Oskar Viéitez |