Aprobados os convenios do persoal funcionario e laboral do Concello de Cuntis
Por Redacción
A Mesa Xeral de Negociación que se abordaba este martes no Concello de Cuntis daba luz verde aos convenios reguladores do persoal funcionario e laboral deste municipio. Ao longo de varios meses foron sucedéndose as negociacións entre os representantes municipais e integrantes sindicais de CC.OO., CSIF, UXT e CIG.
Manuel Campos, alcalde de Cuntis, destacou que estes acordos permiten dar un paso adiante necesario para o Concello ao tratarse dos primeiros convenios que se aproban en moitos anos e supoñerán unha importante mellora das condicións laborais para o persoal, ademais de ofrecerlles seguridade xurídica.
Ata o momento non existía convenio regulador do persoal en Cuntis e o alcalde aseguraba que chegar ao acordo supuxo un "significativo traballo de negociación" que chegou a bo porto para as dúas partes. Avanzou que seguirán traballando na Relación de Postos de Traballo que desde hai anos negóciase.
Os convenios reguladores do persoal laboral e funcionario terán que someterse a un informe xurídico de intervención e secretaría para posteriormente ser aprobados de maneira definitiva.