Ponte Caldelas autoriza 60 fogueiras para celebrar San Xoán e San Pedro
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas recibiu un total de 60 comunicacións de particulares para a realización de fogueiras de San Xoán e San Pedro. Co prazo de solicitudes xa finalizado, o Concello confirma que as autorizou porque celebrarán en leiras privadas
Todas as persoas que acendan estas fogueiras deberán contar coas correspondentes medidas de seguridade e a leira debe estar perfectamente acondicionada para iso, con distancia de seguridade de vinte metros a vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas verdes.
Ademais a altura máxima da fogueira non poderá exceder os dous metros e o díametro, catro.
A vixilancia debe ser constante ata a extinción total do lume, recomendan desde o Concello.
Relacionadas:
-
100 fogueiras iluminarán Marín a noite de San Xoán
Por Redacción |
-
A Policía Local de Sanxenxo triplicará as patrullas para controlar as 163 fogueiras autorizadas
Por Oskar Viéitez |
-
Poio chama a "extremar as precaucións" pola covid nas 130 fogueiras privadas previstas por San Xoán
Por Oskar Viéitez |