
© Concello de Pontevedra
O delegado do Goberno espera que ENCE presente en breve os estudos de traslado da fábrica a outras áreas
Aínda se descoñece a resolución da Audiencia Nacional sobre os recursos presentados polo Concello de Pontevedra e Greenpeace contra a prórroga de Ence na ría de Pontevedra. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitaba este mércores ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e afirmaba que o Executivo se atopa á espera da decisión xudicial.
"Acataremos a resolución xudicial", indicaba Miñones pero, ao mesmo tempo, alertaba tanto á Xunta de Galicia como á empresa pasteira de que é necesario que se cumpran os compromisos adquiridos.
Lembrou a Mesa de Negociación que levou a cabo coa Ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, e que nese encontro a dirección de Ence comprometeuse a presentar os estudos elaborados para un traslado da fábrica situada en Lourizán a outras áreas.
Miñones afirmou que a próxima semana finaliza o prazo para presentar esa documentación e que se atopan á espera de recibila para o seu estudo. Tamén quixo lembrar á Xunta de Galicia que se comprometeu tamén ante a ministra para estudar a viabilidade doutros terreos para situar á factoría. "Aínda que publicamente din que non o van facer, adquiriron ou compromiso na Mesa", asegurou o representante do Goberno central.
Engadiu que estas Mesas de Negociación "non son só para saír na foto senón para traballar neses compromisos" e manifestou que é posible que todas as partes atópanse á espera da sentenza da Audiencia Nacional.
Durante o encontro mantido na sede municipal, o alcalde apuntou que esperan que a sentenza sexa favorable para o Concello e tamén para o ministerio que se achandou no recurso que presentara o Concello de Pontevedra contra a prórroga de 60 anos concedida polo goberno de Mariano Rajoy en 2016.
José Miñones afirma que Ence e a Xunta adquiriron compromisos sobre o traslado da factoría
José Miñones. Delegado do Goberno en Galicia
© Concello de Pontevedra
Relacionadas:
-
ENCE apóiase nun estudo da enxeñería Idom para descartar a viabilidade do seu traslado
Por Diego Espiño |
-
O comité de Ence concéntrase o xoves e pide unha nova reunión da mesa polo futuro da empresa
Por Redacción |
-
O Comité de Empresa de ENCE valora os dous posibles escenarios que deixará a sentenza da Audiencia Nacional
Por Redacción |
-
A "complexidade" do caso Ence obriga a Audiencia Nacional a continuar debatindo este 1 de xullo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Comisións Obreiras sairá de novo ás rúas pola defensa do emprego en ENCE diga o que diga a Audiencia
Por Manu Otero |
-
O persoal de ENCE confía en que a Audiencia Nacional ratifique a prórroga ata 2073
Por Manu Otero |
-
Lores, sobre ENCE: "Hai moitas razóns para pensar que a sentenza vai ser favorable aos posicionamentos do Concello"
Por Natalia Puga |
-
Conta atrás para resolver o futuro de ENCE en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |