O comité de Ence concéntrase o xoves e pide unha nova reunión da mesa polo futuro da empresa
Por Redacción
O comité de empresa da fábrica de Ence en Pontevedra volverá saír á rúa o vindeiro xoves 8 de xullo. Farao, nesta ocasión, por varios motivos, entre eles, para pedir se faga unha nova reunión da mesa polo futuro da factoría en Lourizán, ao considerar que "debemos estar alí onde se fale do noso futuro" e están en xogo os seus postos de traballo.
A concentración será ás 11.30 horas da mañá diante da Subdelegación do Goberno porque o outro motivo da concentración será esixir unha explicación ás declaracións feitas polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, nos últimos días.
Segundo mantén o comité da fábrica, nesas declaracións "fai evidente que a empresa e o Goberno están a manter contactos".
Os integrantes do comité fan un chamamento a todos os compañeiros que poidan acompañalos.
Relacionadas:
-
"É o peor dos escenarios posibles", declara o secretario do comité de empresa de ENCE
Por María José Pita |
-
Comité de empresa de Ence: "A decisión da Audiencia Nacional está tomada, só teñen que facela pública"
Por Cristina Saiz & María José Pita |
-
A "complexidade" do caso Ence obriga a Audiencia Nacional a continuar debatindo este 1 de xullo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O delegado do Goberno espera que ENCE presente en breve os estudos de traslado da fábrica a outras áreas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |