AFAPO acolle o proxecto de ximnasia mental: "Adestra a túa mente"
Por Redacción
O próximo 15 de outubro a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer poñerá en marcha o proxecto "Adestra a túa mente" que consiste en obradoiros de estimulación da memoria baseados nun modelo de intervención funcional.
Segundo explicaron dende a Asociación os obxectivos do proxecto xiran entorno á prevención da deterioración cognitiva e a detección temperá dunha demencia para o seu tratamento.
"Adestra a túa mente" vai dirixido a persoas sas, sen deterioración cognitiva e interesadas en previr a perdida de memoria asociada ao proceso de envellecemento.
O taller terá lugar os martes de 11:00 a 12:30 no local da asociación no Gorgullón. As prazas son limitadas. Todas aquelas persoas interesadas en participar neste proxecto poden anotarse chamando de 10,30 a 12,30 ou de 17,00 a 20,00 horas ao teléfono 986 84 21 41.
COIDANDO O COIDADOR
Proximamente AFAPO poñerá en marcha un Grupo de encontro para coidadores de enfermos de Alzheimer e outras demencias para que as familias poidan soportar mellor a sobrecarga que produce esta enfermidade. Realizarase unha sesión ao mes, todo aquel que este interesado pode inscribirse na Asociación, xa que as prazas son limitadas.