Axencias de viaxes estatais visitarán á cidade en xullo para fomentar a promoción turística de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Do 2 ao 5 de xullo, a cidade de Pontevedra recibirá a máis dunha decena de representantes de axencias de viaxes pertencentes a diferentes puntos do Estado como Cataluña, Madrid, Estremadura ou Andalucía para que coñezan o municipio e a súa contorna.
Trátase dunha acción organizada polo Concello en colaboración coa asociación de axencias de viaxe da provincia, Avipo. As concelleiras de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, e de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, presentaban este encontro con Mar Rodríguez, presidenta de Avipo durante este xoves indicando que se trata dunha das actividades previstas no Plan Supera coa intención de incentivar o consumo e reactivar a economía local, castigada pola crise da pandemia.
Durante os meses previos enviáronse invitacións a máis de 5.000 axencias estatais para seleccionar a 20 persoas que poidan participar neste encontro no que se promocionarán os elementos relacionados coa natureza e coa mobilidade de Pontevedra como cidade amable para o turismo.
Ao longo deste encontro haberá unha posta en común entre as axencias procedentes doutros puntos de España coas locais e con establecementos hostaleiros coa intención de elaborar paquetes que permitan comercializar á cidade e vender Pontevedra como destino turístico tanto en España como en ámbitos internacionais.
Anabel Gulías indicaba que se trata dun compromiso do goberno local coa idea de que se produza un retorno económico. Yoya Blanco explicaba que se fará especial fincapé no turismo verde fomentando os carreiros do río Lérez e do Gafos.
Mar Rodríguez apuntaba pola súa banda que este ano será de "pseudo recuperación" e recoñeceu que queda aínda moito por traballar pero se amosou esperanzada porque coa vacinación póidase gañar en mobilidade e que o sector comece a repuntar.
Indicou, neste sentido, que aínda non teñen datos concretos das axencias de viaxes que se viron obrigadas a pechar as súas portas ante a falta de actividade pero tamén admitiu a creación de entidades privadas no sector turístico que desenvolven teletraballo e que xorden como novas iniciativas.
A presidenta de Avipo espera que o Xacobeo como fenómeno de atracción de visitantes axude de maneira importante a esta recuperación tanto en Galicia como en Pontevedra. Pola súa banda a concelleira de Turismo mostrouse optimista e apuntou que espera que neste 2021 recóllanse cifras moi positivas para o sector engadindo a súa previsión para 2022: "para o ano vámolo petar".
Relacionadas:
-
Pontevedra reivindícase como destino turístico de calidade ante 20 axencias de viaxes de toda España
Por Redacción |
-
Estiman unha ocupación hoteleira na provincia do 75% no mes de xullo e do 80% en agosto
Por Oskar Viéitez |
-
'Pontevedra Capital Gastro' comeza a súa andaina para impulsar os sectores do turismo, hostalería e alimentación
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Vinte e oito empresas turísticas inician a segunda fase do Plan Reinicia Turismo
Por Redacción |
-
Supera21 activa un plan de 1,3 millóns en axudas a autónomos e microempresas
Por Alejandro Espiño |
-
Facer a cidade sostible para afrontar a crise climática e a do covid
Por Oskar Viéitez |