Os socialistas apremian á Xunta para que dote a Pontevedra dun Hospital ÿnico en Montecelo
Por Redacción
"Pontevedra necesita dispor, canto antes, dun Hospital ÿnico, dotado dunha ampla carteira de servizos e que equiparar a atención sanitaria na área Norte da provincia ao resto de áreas de Galicia", dixo nun comunicado feito público este martes, o grupo municipal socialista.
"Respectamos e acatamos a sentenza do TSXG", afirma o portavoz do grupo municipal, Antón Louro "unha resolución xudicial que introduce, ademais, elementos positivos na medida en que elimina calquera xustificación ou escusa para seguir a adiar a toma dunha decisión definitiva sobre a construción do Hospital ÿnico que o Goberno galego lle debe a Pontevedra".
Para os socialistas pontevedreses a Xunta de Galicia "debe deixar de marear a perdiz e cumprir as promesas do seu presidente para dotármonos desta imprescindible dotación sanitaria", xa que a cidade e a súa área sanitaria precisan urxentemente dun hospital universitario e de referencia no contexto do mapa sanitario galego.
Louro segue mantendo que a solución máis "viable, rápida e austera" é a construción dese Hospital ÿnico aproveitando a infraestrutura de Montecelo
O grupo socialista, engade Louro, segue mantendo que a solución máis "viable, rápida e austera" é a construción dese Hospital ÿnico aproveitando a infraestrutura de Montecelo, "cuestión na que existiu total unanimidade política e social ata que os intereses electoralistas do Partido Popular o levaron a defender un proxecto máis complexo e que, ademais, incrementa de xeito preocupante a presenza de capital privado no sistema".
Finalmente, os socialistas pontevedreses reiteran o seu "compromiso por unha sanidade pública, universal e gratuíta".
"Os cidadáns desta área teñen o mesmo dereito que os demais a dispor dunha atención de calidade e as recentes novas sobre o trato deficiente aos pacientes que acoden a tratar a súa enfermidade ao servizo de Radioterapia ao Meixoeiro, non fan outra cousa que reafirmar esta convicción", conclúen.