Investigan o furto de plantas na rotonda de Combarro
Por Redacción
A Policía Local de Poio investiga a desaparición repetida de plantas de ornamentación en varios puntos do municipio, e en concreto a sucedida nas últimas horas na rotonda de Combarro.
Segundo o corpo policial son varias as fins de semana consecutivas nas que se detectan falta de plantas. Tanto é así que o servizo municipal de xardinería eleva a unha vintena as plantas desaparecidas só nas dúas últimas fins de semana.
Trátase de pequenas plantas con flores que se instalan para dar boa imaxe a un dos lugares máis visitados do municipio.
A Policía asegura ademais que en datas recentes déronse casos similares en Campelo e na parroquia de San Xoán, polo que se estuda a posibilidade de instalar cámaras de vixilancia para tentar dar cos autores.
Paralelamente os axentes solicitan a colaboración veciñal para dar co ou os responsables do furto do patrimonio público, habilitando para iso un whatsapp (689 575 495) e un correo electrónico (policialocal@concellodepoio.es).