Adolescente, con permiso!!!
Por Oskar Viéitez
Tras cinco sesións teórico prácticas de seguridade viaria, remata o programa "Adolescente, con permiso!!!", unha iniciativa xurdida co fin de previr infraccións na condución por parte dos adolescentes infractores.
Esta iniciativa de Educación Viaria foi levada a cabo polos profesionais dos Centros de Intervención Educativa en Medio Aberto que a Asociación ARELA ten en Vigo e Pontevedra.
Os responsables del programa declaran que a súa satisfacción é absoluta ó atopar gran acollida entre os menores participantes en dita formación, trátase de menores infractores da nosa provincia.
Este grupo de menores cumpre medidas xudiciais pola comisión de feitos tipificados coma faltas ou delitos (liberdades vixiadas, tarefas socioeducativas, prestacións en beneficio da comunidade, ) na súa maior parte, procedentes do Xulgado de Menores de Pontevedra.
Algúns dos menores entran no Xulgado pola comisión de infraccións viarias, carecendo a maioría dos permisos correspondentes para poder conducir vehículos a motor. Polo tanto, son condutores en potencia que xa en idades temperás están a facer un uso moi particular do seu concepto de Educación Viaria.
Pasadas 4 sesións dende que a principios de outubro dérase o pistoletazo de saída a esta iniciativa, chegamos á última delas que se levará a cabo mañá 31 de outubro, ás 10.30 horas, e que consistirá nunha visita ás instalacións da Xefatura da Policía Local de Pontevedra.
Máis tarde, realizarse un traslado do grupo ata o Parque Móbil da Policía Local en Mollabao, onde pasarán a realizar prácticas sobre os conceptos traballados nas sesións anteriores.