O proxecto de emprendemento Senda chega ao seu ecuador
Por Redacción
Este venres tivo lugar unha reunión no Centro de Formación da Reiboa, na Seca, entre Gregorio Agís, concelleiro de Promoción Económica e as persoas que este ano participan no Proxecto Senda.
O encontro celebrouse antes de que o alumnado empece as súas prácticas en empresas de acollida, que nesta ocasión terá un nivel de inserción de 15 participantes, o que representa un 33%. Estas prácticas darán comezo este luns.
Durante a reunión, Agís quixo coñecer as impresións e valoracións do alumnado durante os primeiros meses de asesoramento e formación, que foron dende abril ata agora. Ademais, o edil socialista lembrou que o vindeiro mes de setembro celebrarase a clausura desta edición do Proxecto Senda.
"A base desta cita será a Axenda 2030 e o desenvolvemento local sostible", indicou o membro do Goberno municipal, e 'Troco e troula' será o nome desta iniciativa.