Médicos de familia de toda Galicia reuniranse en Pontevedra en setembro para o primeiro congreso post covid-19
Por Redacción
O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá entre o 17 e o 18 de setembro o primeiro congreso médico en formato presencial realizado en Galicia desde o inicio da pandemia da covid-19. Serán as XXIV Xornadas Galegas de Atención Primaria, a reunión anual de Médicos de Familia de Galicia.
O Comité Organizador explicou que escolleron esta cidade "polo seu carácter familiar e a súa aposta pola peonalización e a vida na rúa".
Os organizadores estiman que asistirán entre 150 e 200 profesionais que participarán en todo tipo de actividades, entre eles, múltiples obradoiros e mesas de encontro de profesionais nos que van actualizarse en temas de gran prevalencia e importancia na Atención Primaria.
Ademais, realizarán actividades comunitarias e buscarán a participación da poboación de Pontevedra para actividades sociais.
Relacionadas:
-
Os médicos consideran "inadmisible" facer acopio de máscaras polo coronavirus
Por Redacción |
-
O Complexo Hospitalario de Pontevedra opta a 14 premios 'Best in Class'
Por Redacción |
-
Preto de 150 profesionais actualizan en Pontevedra os seus coñecementos sobre estratexias onco-cirúrxicas
Por Redacción |