Cuntis anuncia "contundencia" e multas contra os botellóns
Por Redacción
O Concello de Cuntis lembra que os botellóns están prohibidos e avisa de que se actuará con "contundencia" e haberá multas.
Este domingo o Paseo Fluvial do río Gallo estaba cheo de lixo procedente de restos dun botellón, polo que o Goberno local advirte de que "se vai extremar a vixilancia durante as noites".
O Concello insiste en que este tipo de concentracións están prohibidas polo que son sancionables "e vense agravadas pola falta de civismo".
Os danos no mobiliario público xunto co lixo tirado nas beiras do río resultan un problema para toda a comunidade, tal e como destaca o Executivo local. "Por desgraza este tipo de comportamento repítese moi a miúdo", comentan dende o equipo do alcalde manuel Campos.
Por este motivo pídese a colaboración cidadá para tratar de dar cos causantes desta desfeita.
Relacionadas:
-
Augas de Galicia limpa os ríos Gallo, Patela, Campo e Calvos ao seu paso por Cuntis
Por Redacción |
-
A Policía Local de Pontevedra pecha parques e espazos públicos para evitar botellóns
Por Oskar Viéitez |
-
Axentes patrullarán as zonas costeiras para evitar botellóns durante as fins de semana
Por Redacción |