O boicot á AP-9, "un auténtico éxito" para os seus impulsores ao reducir o tráfico ata un 27%
Por Alejandro Espiño
O grupo de usuarios da AP-9 que promoveu a través das redes sociais unha protesta contra a suba das peaxes, cualificou como "un auténtico éxito" o seguimento dos condutores ao boicot organizado desde esta plataforma. Unha protesta que invitaba aos usuarios habituais da autopista a non utilizala durante a xornada do martes.
Aseguran que o tráfico da AP-9 reduciuse hoxe entre un 18 e un 27 por cento. Non son datos da concesionaria da autopista, Audasa, que se negou a revelalos, senón de dous dos sensores situados pola DGT no seu percorrido, concretamente en dous puntos kilométricos na contorna da zona urbana de Santiago de Compostela, segundo apuntou unha das organizadoras da protesta, Carla Vidal.
Así, no punto kilométrico 66, na mañá deste luns o dato máximo foi de 950 vehículos por hora, mentres que este martes a cifra descendeu ata os 690 vehículos, unha redución do 27 por cento. Da mesma forma, comparando o tráfico no punto kilométrico 76, o tráfico reduciuse un 18 por cento, xa que se pasou dun máximo de 1.200 vehículos por hora o luns aos 980 desta mañá. Uns datos que se suavizaron durante a tarde.
"Ya el haber demostrado a Audasa esa sensibilidad que existe contra su política de subir los precios de forma indiscriminada es un éxito en sí mismo", manifestou Nacho García, un dos portavoces da plataforma. "No podemos, sin embargo, hablar de satisfacción total, ya que el objetivo (que se rebaixen as peaxes) no se ha conseguido, precisamente porque la concesionaria Audasa continúa sin dar respuesta alguna, una falta de sensibilidad hacia sus clientes que lamentamos profundamente".
Por iso, insisten en que "isto non se queda nun só día". Aseguran que de non recibir resposta por parte de Audasa, non descartan novas protestas. Neste sentido, Carla Vidal precisou que xa iniciaron contactos coa organización 'Non Vull pagar' de Cataluña para emprender accións conxuntas. Barallan ata a posibilidade de realizar un protesta todos os martes ou senón, prolongar a protesta durante "unha semana completa".
"Non imos parar ata que como mínimo déannos o mesmo trato que a outras comunidades autónomas. Non estamos dispostos a que Galicia, unha vez máis, siga sendo discriminada, e que os galegos, unha vez máis suframos este agravio comparativo ", aseverou Carla Vidal logo de asegurar que se soben as taxas en 2013, tomarán medidas "algo máis serias" e, entón, poñeranse en contacto co Ministerio de Fomento.
Relacionadas:
-
Haberá rebaixa na peaxe Pontevedra-Vigo antes de 2013?
Por Oskar Viéitez |
-
Piden a Fomento unha revisión da política de peaxes ante a cuarta subida na AP-9 nun ano
Por Redacción |
-
Os pontevedreses, chamados por Facebook a un boicot á AP-9
Por Redacción |
-
Os pontevedreses, chamados por Facebook a un boicot á AP-9
Por Redacción |