Os casos activos de covid apenas soben (3.041) ao incrementarse o número de altas
Por Diego Espiño
Despois de moitas xornadas experimentando un crecemento importante no nivel de afectados por covid, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés apenas sobe este mércores 28 de xullo o seu número de casos activos.
Segundo o balance do Servizo Galego de Saúde as infeccións activas na área pontevedresa son 3.041, o que supón 17 máis que a xornada anterior. Esta retardación baséase nas numerosas altas epidemiolóxicas dadas (150), que mitigan os 167 novos positivos detectados.
Do total de afectados 3.006 evolucionan nos seus domicilios como asintomáticos ou con síntomas leves, mentres que 35 persoas están ingresadas (unha máis).
Nos hospitais da comarca atópanse 30 pacientes positivos por coronavirus repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (22), o Hospital do Salnés (6) e o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (2), mentres que 5 persoas atópanse na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.
Desde o inicio da pandemia superaron a covid 15.426 pacientes en Pontevedra e O Salnés, rexistrándose 182 pacientes con positivo activo.
Nas oú ltimas 24 horas realizáronse 1.006 probas PCR, segundo confirma o Sergas.
DATOS DE GALICIA
A nivel autonómico Galicia conta este mércores 28 de xullo con 18.535, o que supón un incremento de 474. Entre os afectados 234 permanecen ingresados nunha planta hospitalaria (2 menos) e 30 na UCI (igual).
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen e Paula Barceló salvan unha complicada xornada e colócanse a un punto do liderado
Por Diego Espiño |
-
Pequeno descenso de casos na área sanitaria, que segue por encima dos 3.000 e ten 4 pacientes máis no hospital
Por Natalia Puga |
-
Habilitado un punto de test covid no Porto Deportivo para favorecer o acceso seguro á hostalería
Por Redacción |
-
As sete grandes cidades galegas sitúanse en nivel alto porque "a situación epidemiolóxica continúa a empeorar"
Por Anxo Lourido |
-
Os casos activos superan por primeira vez os tres milleiros (3.024), con 34 hospitalizados
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria continúa coa pandemia sen control e confirma 150 novos positivos nun día
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Un home de 87 anos, primeira vítima mortal da pandemia en case dous meses
Por Alejandro Espiño |
-
Os hospitalizados por covid-19 son 38 nunha área sanitaria con 2.873 casos activos
Por Alejandro Espiño |