A área sanitaria continúa coa pandemia sen control e confirma 150 novos positivos en covid-19 nun día
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A pandemia continúa sen control na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés e este luns suma xa 2.940 casos activos de covid-19, cifra que continúa como récord de pacientes coa enfermidade, por encima dos datos do pico da segunda onda.
Segundo o balance diario do Servizo Galego de Saúde, nas últimas 24 horas confirmáronse 150 novos positivos, aínda que houbo 83 pacientes que recibiron a alta médica, de modo que en total son 67 casos activos máis que o domingo.
Do total de 2.940 casos activos, 2.903 casos son pacientes sen síntomas ou con síntomas leves que se atopan en corentena no seu domicilio e 37 están no hospital.
Nos hospitais apenas hai variación da situación, pois hai un paciente menos que o domingo, pero tamén se confirmou un falecemento. Trátase dun home de 87 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Este luns hai catro pacientes con covid-19 na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, sen cambios fronte ao domingo, e outros 33 ingresados en planta de hospitalización, un menos. Son 22 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 4 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 7 no Hospital do Salnés.
Desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19 curáronse 15.164 pacientes, 83 nas últimas 24 horas, e faleceron por este virus na área sanitaria 182 pacientes.
En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 697, que se engaden ás 271.615 xa efectuadas desde o inicio da pandemia.
EVOLUCIÓN EN GALICIA
O balance oficial diario indica que en Galicia hai 17.298 casos activos tras confirmarse 1.115 novos positivos nunha xornada.
Nos hospitais galegos, a situación tampouco remite. Este luns hai 258 pacientes ingresados. En concreto, 25 pacientes en UCI, tres máis que o domingo, e 233 ingresados en planta, 28 máis.
Por áreas sanitarias, Vigo ten o maior número de casos, 4.065, 150 máis que o domingo; A Coruña ten 3.121, 135 máis); Ourense ten menos casos, 2.275 positivos86 menos; Santiago ten 2.213, 113 máis; Lugo suma 1.881, 120 máis; e Ferrol alcanza os 803 positivos, 45 máis.
Relacionadas:
-
Os casos activos de covid apenas soben (3.041) ao incrementarse o número de altas
Por Diego Espiño |
-
Os casos activos superan por primeira vez os tres milleiros (3.024), con 34 hospitalizados
Por Diego Espiño |
-
Máis do 65% da poboación da área sanitaria recibiu a dose completa da vacina
Por Redacción |
-
Un home de 87 anos, primeira vítima mortal da pandemia en case dous meses
Por Alejandro Espiño |
-
Os hospitalizados por covid-19 son 38 nunha área sanitaria con 2.873 casos activos
Por Alejandro Espiño |