Mercado solidario en Bueu en favor de Cáritas
Por Redacción
Cáritas Bueu organiza un mercado solidario de verán que se celebrará do 5 ao 8 de agosto no baixo comercial do número 23 da rúa Pazos Fontela baixo o lema "Vive a solidariedade. Deixa a túa pegada".
En horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, as persoas que se acheguen ao mercadillo poderán facerse con produtos de electrónica, roupa, xoguetes ou libros que foron doados por particulares e institucións tanto públicas como privadas.
Con dez anos de tradición, esta iniciativa ten dous propósitos. Por unha banda obter fondos para a atención prestada ás familias durante todo o ano e dar a oportunidade de que a cidadanía e os turistas poidan colaborar nesta acción social.