"A maioría de rúas teñen nome de homes. En Pontevedra isto está mudando"

Por Redacción
"A maioría de rúas teñen nome de homes. En Pontevedra isto está mudando". Son os dous primeiros enunciados que a tiktoker María Rúa (pradorua) sinala no seu último vídeo, amparado baixo o paraugas do programa ‘A memoria das mulleres’, iniciado polo Concello de Pontevedra.
A influencer galega utiliza a música das Tanxugueiras para apoiar a mensaxe que quere transmitir, e lembrar que no rueiro da cidade, xunto con outros espazos públicos, as mulleres están cada vez máis visibles. Rúa ilustra isto con imaxes dos últimos murais feitos na cidade, e sinalando algunhas das mulleres ilustres que xa contan con representación na cidade como Amalia Álvarez, Josefina Arruti, María Victoria Moreno, Concepción Arenal; animando a seguir loitando por unha representación máis xusta e igualitaria.
A peza audiovisual queda enmarcada na filosofía base de ‘Memoria das mulleres’ que é a da difusión da loita antifascista e da traxectoria das mulleres pontevedresas entre o público máis novo, utilizando as plataformas e recursos propios da mocidade pontevedresa actual.
O proxecto da Concellaría de Memoria Histórica xa difundiu un total de seis vídeos deste tipo, onde as tiktokers galegas Laura Franco, Leti da Taberna e María Rúa poñen voz e imaxe a situacións de índole histórica ou social como Ence o drama da draga ou a defensa da lingua e a loita contra os tópicos máis comúns.
A de hoxe é a sexta peza, polo que aínda quedarán dúas máis por seren estreadas nas vindeiras semanas, até alcanzar os oito vídeos publicados.
Relacionadas:
-
RADIO.- A exitosa tiktoker IreniusX debuta no mercado editorial con 'Poción de autoamor'
Por Redacción |
-
María Rúa, Helena López e Sara Seco divulgarán en Tik-Tok A Memoria das Mulleres
Por Redacción |
-
Derradeiro vídeo en Tik-Tok de Memoria das Mulleres para lembrar nomes "que fixeron historia"
Por Redacción |
-
As traballadoras pontevedresas do mar chegan a TikTok
Por Redacción |
-
Un xogo interactivo invita a coñecer a historia das mulleres de Pontevedra
Por Redacción |
-
O 'drama da draga', nova historia de "A memoria das mulleres" en TikTok
Por Redacción |
-
A loita polo Pazo de Meirás chega a Tik Tok a través de 'A memoria das mulleres'
Por Redacción |
-
Novo vídeo de 'A Memoria das Mulleres' en Tik Tok corrixindo erros históricos: "lerchas non, eran loitadoras"
Por Anxo Lourido |
-
O Tik Tok de ‘A memoria das mulleres’ sae en defensa da lingua galega
Por Redacción |
-
"Aínda vai ser Castelao o home de Virxinia Pereira. Ubiquémonos", así se reivindica a Memoria das Mulleres en Tik Tok
Por Anxo Lourido |