Pontevedra levanta o pano das festas da Peregrina
Por Manu Otero
Pontevedra xa está en festas. A semana da Peregrina inicia este sábado dez días de frenética actividade cultural, musical e de lecer. Con catro escenarios principais, Praza da Ferraría, Praza de España, Alameda e pistas de Campolongo, a cidade ofrecerá innumerables espectáculos de primeiro nivel de artistas tanto locais como estatais.
O pistoletazo de saída está previsto para este sábado ás 12 horas da man da pregoeira Violeta Mosquera, que pronunciará o seu discurso no palco da música da Alameda acompañada polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Festas, Carme da Silva.
A continuación, comezarán os pasacalles que animarán a cidade ao longo de todo o día. O broche de ouro ao primeiro día de festas poñerano tres actuacións musicais de primeiro nivel. Carlota Crey actuará ás 21 horas na Praza da Ferrería, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre fará o propio ás 22 horas na Praza de España e Bala, o dúo do que forma parte a pregoeira Violeta Mosquera, tocará ás 22.30 horas nas pistas de Campolongo.
O acceso a todos os espectáculos programados nas festas será gratuíto e deberá realizarse seguindo a normativa sanitaria actual. Os asistentes deberán permanecer sentados no seu sitio en todo momento, sen quitarse a máscara e respectando a distancia de seguridade. O aforo é limitado e a entrada asignarase por estrita orde de chegada, tampouco é preciso presentar proba PCR nin de antígenos. No interior do recinto estará prohibido acceder con comida, bebida e e fumar.
Relacionadas:
-
Los Brincos fan retroceder no tempo ao público pontevedrés
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Pontevedra contáxiase do espírito das Festas da Peregrina
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Xabier Díaz, Bala e Carlota Crey inauguran a semana de concertos da Peregrina
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Violeta Mosquera dá "un pouco de caña" nun pregón da Peregrina sen prexuízos, feminista e reivindicativo
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
RADIO.- Violeta Mosquera: unha 'Playlist' en feminino coa pregoeira das festas da Peregrina
Por Cristina Saiz & Marisa Ciordia |
-
Pol Granch, Café Quijano, Susana Seivane, Piedrahita, Sabela e Los Brincos, estrelas das Festas
Por Redacción |
-
O programa das 'Festas de Verán' xa está na rúa
Por Redacción |