O Concello acomete obras de mellora na rúa Amado Carballo
Por Redacción
A Concellaría de sostemento de espazos públicos urbanos está a acometer obras de mellora na rúa Amado Carballo.
Nesta rúa, a empresa COVSA, adxudicataria do servizo de mantemento, está a realizar obras de mellora do firme con fresado e posterior asfaltado dun tramo da mesma que se atopaba en mal estado.
Tamén se están a habilitar dous pasos de peóns que mellorarán a accesibilidade peonil para os residentes desta zona da cidade.
Unha vez rematado o fresado e asfaltado, pasado o tempo necesario para a compactación, procederase ao pintado da zona e á colocación de novo mobiliario urbano e sinalización.