CCOO pide solucións á Universidade de Vigo para o persoal de ximnasio do campus
Por Redacción
O sindicato Comisións Obreiras (CCOO) esixe á Universidade de Vigo unha solución para o persoal que se encarga dos ximnasios dos campus de Pontevedra, Ourense e de Vigo.
O 29 de xullo nunha resolución reitoral decidíase que as dúas empresas concesionarias deixarían de prestar servizo este venres 27 de agosto e extinguíanse os contratos do persoal.
Desde CCOO critican que, no caso dunha das empresas, o persoal non foi avisado cos 15 días de antelación que establece a lexislación. Na central sindical demanda á Universidade que interveña para buscar unha solución transitoria tanto para os traballadores como para as persoas que utilizan as instalacións.
Por este motivo demanda unha prórroga dos contratos coas dúas empresas ata que se licite unha nova adxudicación ou, en caso contrario, que a propia institución universitaria asuma durante este período ao persoa adscrito aos ximnasios. Ademais, en ambos os casos, CCOO reclama que o persoal laboral sexa subrogado.