Reparan un muro de contención en San Martiño ante o seu mal estado
Por Redacción
Operarios municipais están a traballar na mellora e reparación dun muro de contención situado nun camiño secundario situado no lugar de San Martiño, en San Xoán. As obras deron comezo esta semana e prolongaranse durante varios días.
A actuación faise necesaria ante o mal estado que presentaba o peche, co conseguinte risco para o tráfico rodado e os transeúntes e veciños da zona.
O labor dos operarios servirá para consolidar o muro e, ademais, conseguirase unha ampliación no ancho do camiño, grazas á cesión e terreos por parte de varios veciños.
Esta non é a única actuación que o Concello de Poio realizará neste núcleo de San Xoán.
O goberno municipal aprobou hai uns días un proxecto para a dotación de servizos a varias vivendas de San Martiño, habilitando un sistema de bombeo para garantir o saneamento. Ademais, tamén se procederá á renovación do firme.
O Concello investirá uns 90.000 euros nesta actuación.