Licitan a redacción do proxecto para a construción da nova EDAR de Barro

Por Redacción
Case 45.000 euros. É o que destinará o goberno municipal de Barro á redacción do proxecto construtivo da nova estación de tratamento de augas residuais (EDAR) do municipio.
A instalación estará no lugar do Carballal e con ela o saneamento, que ata o de agora se limita case en exclusiva ao núcleo urbano, poderá chegar a todas as parroquias do concello.
As empresas licitadoras interesadas en concursar deberán presentar as súas ofertas obrigatoriamente a través da ferramenta de preparación e presentación de ofertas de licitación electrónica.
O goberno municipal ten o obxectivo de que, unha vez estea finalizada a redacción do proxecto e calculado o valor da infraestrutura, comece o proceso de busca de financiamento doutras administracións para poder construír a EDAR o antes posible.
Hai dous anos, o Concello comprou por 53.000 euros unha parcela de máis de 7.000 metros cadrados a carón da N-550 para albergar esta EDAR, que tería capacidade para máis vivendas que as actuais, contemplando así a posibilidade de crecemento a longo prazo do municipio.
Relacionadas:
-
Barro adxudica a Cuartazona Enxeñería S.L. a redacción do proxecto da nova EDAR de Carballal
Por Redacción |
-
Barro sacará a concurso a redacción do proxecto da súa depuradora central
Por Redacción |
-
Barro ten en marcha dous proxectos por valor de 76.000 euros para mellorar o saneamento
Por Redacción |