Benvida da alcaldesa aos novos estudantes da Escola Naval Militar
Por Redacción
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitaba este luns a Escola Naval Militar (ENM) para dar a benvida aos estudantes que inician este ano o seu traxecto académico no centro castrense. Aínda que o habitual era realizar este acto no Salón de Plenos do Concello, por segundo ano consecutivo realízase no recinto militar para poder cumprir coa normativa Covid.
María Ramallo estivo acompañada polo novo comandante director, Pedro Cardona Suances. Na súa alocución manifestoulles aos futuros oficiais da Armada que "Marín está encantada de teros aquí e de que formedes parte da fisionomía da vila. A medida que vaian pasando os meses, iredes participando en actividades sociais, culturais… e seguro que ao final deste camiño levaredes un bo recordo do noso municipio".
A rexedora asegurou que ingresar na ENM "non é coma estudar unha carreira ao uso. É escoller unha forma de vida", que a día de hoxe supón, ademais, "cumprir cun elevado grao de esixencia, tamén académica, xa que non é sinxelo acadar as notas altas que se precisan".
Antes de despedirse do alumnado, a alcaldesa tamén lles pediu colaboración para que sexan portadores "destes valores que representades, tanto dentro coma fóra da escola".
Relacionadas:
-
María Ramallo recibe en Marín o xefe do Estado Maior da Armada
Por Redacción |
-
A Escola Naval Militar quere ser "un foco de coñecemento que inflúa favorablemente na provincia"
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra dá a benvida ao novo director da Escola Naval
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A alcaldesa de Marín recibe ao novo Comandante Director da ENM
Por Redacción |
-
Substitución no mando da Escola Naval de Marín coa transformación dixital como reto inminente
Por Redacción |