Pontón reclama a Feijóo "que solte o ganchete do lobby eléctrico e se poña ao lado dos intereses de Galicia"

Por Oskar Viéitez
A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón reclamou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo "que solte o ganchete do lobby eléctrico e se poña ao lado dos intereses de Galicia" impulsando iniciativas que permita facer fronte á "estafa" da factura da luz.
No transcurso dun acto do BNG no Concello de Poio, Ana Pontón afirmou con rotundidade que "a factura da luz é unha estafa que está legalizada no Boletín Oficial do Estado" e asegurou que é " infumable" que a resposta do Goberno español "que se di progresista" limítese a dicir "que las eléctricas tiene poca empatía social".
Ana Pontón lembrou ao Executivo que preside Pedro Sánchez "que é a súa responsabilidade frear esta escalada" dos prezos da enerxía, polo que lle pediu que cambie a lexislación "que fixo o Partido Popular a medida dos intereses do lobby enerxético".
A líder nacionalista ha sinalado que o incremento da factura eléctrica esta "afogando" ás familias e a moitos sectores e está "a poñer en risco a recuperación económica nun momento clave".
Para Pontón "esta estafa en Galicia é dobre" xa que, segundo explicou, esta Comunidade é "altamente produtora de enerxía eléctrica e non temos ningún tipo de beneficio por unha riqueza colectiva", unha actuación que cualificou de "espolio".
A portavoz nacional do BNG insistiu en que a Galicia "penalízasenos" no canto de ter compensación polos custos ambientais que supón a xeración de enerxía eléctrica polo que pediu unha "resposta" por parte da Xunta.
O Bloque pretende implantar unha tarifa eléctrica galega para abaratar o custo da enerxía nesta autonomía, poñer en marcha unha compañía pública galega que recupere para o ámbito público as concesións que vaian caducando, e tamén "impulsar desde Galicia unha reforma da lei eléctrica para que acabemos con eses beneficios caídos do ceo".
Relacionadas:
-
Ana Pontón rodéase de pontevedreses ante o "gran reto" de liderar Galicia en 2024
Por Alejandro Espiño |
-
Os prezos actuais da luz poderían triplicar a factura da subministración enerxética do Concello
Por Oskar Viéitez |
-
A CIG organiza o domingo unha manifestación contra a suba do prezo da luz
Por Redacción |
-
Galiza Nova renova a súa Secretaría Xeral nunha asemblea celebrada en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |