O PP pide solucións para unha tubaxe da Caeira que rompeu sete veces desde o inicio da pandemia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O grupo municipal do PP de Poio pediu este martes solucións para a situación que están a vivir na rúa Río Miño, na Caeira, na que estes días tiveron a terceira avaría nunha tubaxe en oito meses, a sétima desde o comezo da pandemia.
O PP trasladou este martes á Comisión de Urbanismo as denuncias dos veciños por unha rotura na confluencia coa rúa Mato Calderón e denunciou que o Goberno local Tripartito ten abandonados aos veciños desta zona, que levan meses con esta situación e con avarías que provocaron "danos nas vivendas, asolagamentos nos baixos e garaxes e todo tipo de trastornos".
A concelleira Rocío Cochón resaltou a frustración dos afectados porque cada tres ou catro meses rómpense as tubaxes e pediu a substitución das canalizacións en mal estado.
Cochón sostén que "a solución, como en tantos lugares de Poio, non consiste en poñer remendos".