Limpan os treitos interurbanos do Río Maior e do Río da Vella en Vilaboa
Por Redacción
Operarios de Augas de Galicia están a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Maior e da Vella ao seu paso polo concello de Vilaboa.
Estes traballos desenvólvense en distintos lugares das parroquias de Santa Cristina de Cobres e San Adrián de Cobres.
As tarefas inclúen a retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos e a eliminación de especies invasoras.
Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.