A Xunta colabora na mellora das infraestruturas viarias do Concello de Moraña
Por Redacción
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís, López, visitaron hoxe o concello de Moraña, onde o Goberno galego colabora na mellora das súas infraestruturas viarias. Así, a través da Orde de Infraestruturas de uso público, a Xunta destinou máis de 20.300 euros para a pavimentación dun camiño público en Santa Lucía co obxectivo de mellorar a seguridade viaria da zona e garantir unha mobilidade máis fluída entre os distintos núcleos.
A Xunta xa colaborou nos últimos anos na pavimentación doutras vías públicas na Torre Amil e en viais do centro urbano de Moraña. A través desta orde, o Goberno galego financiou no concello outras actuacións como a renovación de aseos do Centro Público Integrado Plurilingüe (CPI) de Santa Lucía, a instalación de iluminación pública neste núcleo ou a creación dunha pista multideportiva e de uso público no municipio.
O Goberno galego destina este exercicio á convocatoria da Orde de Infraestruturas de uso público 4 millóns de euros, mantendo o orzamento do ano pasado despois de incrementalo en 2020 nun millón de euros. Así, a Administración autonómica financia os proxectos dos concellos galegos para a creación ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.
Durante a súa visita, Natalia Prieto destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades da veciñanza, xa que os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns.
No concello de Moraña, o diálogo fluído coa Xunta e a cooperación nos últimos anos supuxo un investimento no municipio por parte do Goberno galego de máis de 659.300 euros, tanto en actuacións financiadas con esta orde, como con outras liñas de axudas como o Fondo de Compensación Ambiental, que neste ano conta cun orzamento de 11 millóns de euros para levar a cabo melloras ambientais nos municipios galegos.
Relacionadas:
-
Cinco asociacións veciñais da Lama recibiron axudas da Xunta para mellorar os seus locais sociais
Por Redacción |
-
A ampliación do centro de saúde, na 'carteira' de investimentos da Xunta en Moraña
Por Redacción |
-
Renovación das beirarrúas entre o Concello de Moraña e a Carballeira de Santa Lucía
Por Redacción |
-
Moraña mellora a estética de vinte emprazamentos turísticos e patrimoniais do municipio
Por Redacción |
-
O campo de fútbol de Mirallos estará renovado a mediados de 2022
Por Redacción |