Zona Franca mediará para desbloquear os accesos ao polígono empresarial de Veigas de Almorzar
Por Redacción
O delegado do Estado da Zona Franca de Vigo, David Regades, recibiu ao alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, para avaliar os eixes sobre os que pivotará o plan estratéxico do municipio e a súa contorna, un traballo que realizará o Consorcio.
Delegado e rexedor repasaron outros asuntos de interés para Caldas e as súas empresas, en especial a situación dos seus parques empresariais.
Juan Manuel Rey amosou a súa aposta pola mellora dos accesos da N-640 ao polígono empresarial de Veigas de Almorzar e o delegado do Estado quedou có alcalde en establecer conexións có Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana para avanzar na planificación destas melloras.
Ademáis falaron do impulso que precisa o proxecto do polígono industrial de Paradela, no que Zona Franca estudará as posibilidades de colaboración para o seu necesario desenvolvemento.