Rueda insiste en que Goberno central e Concello deben dar unha solución ás familias prexudicadas polo peche de Ence

Por Redacción
O candidato á reelección coma presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, reclama ao Goberno central "que si realmente quere empezar a practicar unha transición enerxética xusta", ten en Ence unha "excelente oportunidade para demostralo", concretando solucións "que eviten o peche da empresa e a deslocalización dos investimentos cara Asturias".
Foi durante a reunión que mantivo este venres pola noite en Pontevedra con compromisarios da cidade que van participar no 18 Congreso provincial do próximo sábado.
Rueda lamenta que, ata o de agora, "para o único que serviu a súa transición enerxética en Galicia foi para pechar fábricas e subir a factura da luz, sendo a industria, os pemes, os autónomos e as familias os grandes prexudicados".
O popular insiste en que deben ser Goberno central e Concello de Pontevedra "quen deben dar unha solución urxente e seria ás 5.000 familias prexudicadas polo peche da pasteira, xa que foron os que provocaron esta situación".
"O Concello de Pontevedra di que non ten competencias para crear emprego, pero o que está claro é que si as ten para destruílo", dixo Alfonso Rueda.
Ademais, recorda que "o PP ten a mesma preocupación que os traballadores" e o seu obxectivo é garantir a continuidade da planta de Lourizán na súa localización actual. "Non estamos falando dunha empresa que pecha porque non funciona. A Ence péchana, e os responsables nin buscan solucións nin amosan a mínima empatía por todas esas persoas que están vendo como se trunca o seu futuro laboral", concluíu.
Relacionadas:
-
A nova executiva do PP de Pontevedra contará con coordinadores en todas as comarcas
Por Redacción |
-
Lores ve "contraditorio" que a Xunta fale dunha segunda pasteira e manteña que o traslado de ENCE é "inviable"
Por Alejandro Espiño |
-
Feijóo aclara a postura da Xunta: "se hai fondos europeos e se pode trasladar a pasteira, fantástico"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP, coa mente posta nas municipais de 2023: "Non renunciamos a nada"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Xunta recibirá o xoves aos traballadores de ENCE pero advirte: "Non temos alternativa"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Pablo Casado na Carballeira de San Xusto: "no entendemos cómo el Estado no ha defendido la viabilidad de Ence"
Por Redacción |