Baixan a tres as persoas ingresadas con covid na UCI de Montecelo

Por Oskar Viéitez
O Servizo Galego de Saúde notifica este mércores 15 de setembro 204 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 10 menos que onte.
Son 6 novos casos confirmados por probas diagnósticas de infección activa nas últimas 24 horas.
O número de pacientes hospitalizados é de 4 persoas atendidas no Hospital Montecelo. Outros tres están ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, 197 casos, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.
Desde o inicio da pandemia 20.942 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Nas últimas 24 horas curáronse 13 persoas.
Durante a pandemia rexistráronse 202 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 300.228, nas últimas 24 horas fixéronse 335. A estas probas súmanse as 135.202 probas de antígenos e outras 107.561 probas de detección realizadas ata a data.