O colexio San Narciso participará no programa de inmersión lingüística do Ministerio de Educación
Por Redacción
O Colexio SEI San Narciso de Marín foi seleccionado polo Ministerio de Educación para participar no Programa de Inmersión Lingüística 2021-2022, no que tomarán parte preto de 7.000 alumnos de todo o territorio nacional.
No caso do centro concertado marinense, un grupo de 25 estudantes de sexto curso de Primaria vivirán unha experiencia de convivencia de sete días nunha contorna natural no que o idioma vehicular usado será o inglés.
O obxectivo do programa de Inmersión Lingüística é potenciar a práctica oral da lingua inglesa en contornas comunicativas non formais, e por tanto máis dinámicos, e ademais fomentar a convivencia con alumnos doutros lugares de España.
Os estudantes do San Narciso participantes nesta iniciativa partirán desde marín o 26 de setembro con dirección ás instalacións de GMR Camps, no pobo leonés de Robledo de Fenar.