Desvelados os gañadores da campaña 'A volta ao cole ten premio na Zona Monumental'
Por Redacción
O Centro Comercial Urbano Zona Monumental fixo públicos os resultados do sorteo realizado no marco da campaña 'A volta ao cole ten premio na Zona Monumental'.
A asociación de comerciantes premiou a fidelidade dos clientes repartindo dez tabletas Ipad de 32 GB.
Os gañadores foron:
- María González por unha compra en Ricar.
- Manuel Losada por comprar en Emilia Rey Covelo.
- Angeles Mirón, que realizou a súa compra en Frutas Rosales.
- Pere Castro, que realizou a súa compra en Xoiería Pilar Álvarez.
- José Leal, que realizou a súa compra en Carnicería Froiz.
- Mª José Fontán por comprar en Frutería Pablo e María.
- Mª Carmen Lemos por comprar en Xoiería Pilar Álvarez.
- Mª Carmen Peleteiro, que realizou a súa compra en Mercaplaza.
- Lucía Curros, que realizou a súa compra en Carnicería Froiz.
- Emma Ucha, que realizou a súa compra en Emilia Rey Covelo.
Desde o CCU Zona Monumental informan que se poñerán en contacto cos gañadores e, no caso de non lograr localizalos, pasarán a chamar ao suplente correspondente na lista elaborada tras o sorteo da campaña.