Traballos de mantemento da rede eléctrica provocarán cortes no subministro de luz no Grove durante o domingo 10
Por Redacción
O Concello do Grove informaba nas últimas horas dos traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica que se executarán durante o domingo 10 de outubro. Estes traballos destinados a mellorar as necesidades de subministración na zona provocará que a empresa distribuidora UDF, do Grupo Naturgy, deixe sen servizo durante esa xornada varias instalacións.
Esta acción posiblemente, advirten, provocará interrupcións na subministración eléctrica durante o proceso de obras.
De 06.30 a 08.00 horas, as instalacións eléctricas sometidas a descargo afectarán ás seguintes rúas e lugares: Boibas, O Con, Camiño do Río, Terra de Porto, Porto de Meloxo, Viña de Millán e Pereiriña, tanto en San Vicente como no Grove.
Entre as 08.00 e as 10.00 horas, as zonas afectadas serán as seguintes: Avenida de Beiramar, Castelao, Escalinatas de Confín e Luís Seoane. Neste caso só sufrirán os cortes de luz algúns dos números dos edificios deses espazos.
Para calquera aclaración, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 900.333.999.