Ana Tomé, directora da Fundación Reina Sofía: "Antes Pontevedra era dedicarse a esquivar coches, ahora se pasea placenteramente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
"Es una ciudad amabilísima", afirma a xornalista e filóloga Ana Tomé, ao falar de Pontevedra. A actual directora xerente da Fundación Museo Reina Sofía participa este mércores, a partir das 19.00 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra nun encontro do ciclo 'Urbtopías' co arquitecto David Chipperfield para analizar a importancia da rexeneración urbana e a utilización dos espazos culturais como elementos de cohesión. Este encontro será moderado por Alejandro Espiño, xornalista de PontevedraViva.
Durante esta xornada mantiña unha xuntanza con Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, e trasladaba a súa impresión respecto a a cidade que visitara fai corenta anos: "antes era esquivar coches, ahora se pasea placenteramente y entiendo que a nivel de calidad de vida de las personas que vivís en Pontevedra y de los visitantes no tiene color. El tejido es muy diferente al que había", apuntou na súa comparecencia ante os medios de comunicación.
Lembrou que vivira en Sâo Paulo, México, A Habana, Nova York, Londres ou Santo Domingo, unha cidade que "es pequeña pero con un caos de tráfico tremendo", e explicou que o exemplo de Pontevedra nunha escala pequena pode transmitirse a outras cidades de maior tamaño. "Tendrán que discurrir como, pero creo que el modelo es pertinente independientemente de la escala", indicou rexeitando aquelas opinións dos que consideran que este modelo non é trasladable a grandes urbes.
Tomé traballo durante anos en países lationamericanos con propostas de recuperación de espazos degradados no centro das cidades a través da acción cultural para que reforzasen o seu valor. "Mi punto de vista es más de contenido que de continente", manifestou.
Na actualidade, á fronte da Fundación Museo Reina Sofía tenta crear unha rede cultural xerando contidos a través da articulación de iniciativas e movementos que antes actuaban de maneira individual.
Relacionadas:
-
Urbtopías regresa a Pontevedra para debater sobre a centralidade do espazo público
Por Alejandro Espiño |
-
"Hai que recuperar o papel do público. Non podemos deixar a cidade nas mans de intereses privados"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
"Pontevedra entendeu e executou moi ben o espazo público como acolledor da cultura"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Pontevedra volverá ser "punto de encontro" para converter as Urbtopías en cidades posibles
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
"Reducir o tráfico é o único que pode lograr un gran impacto para que as cidades sexan mellores"
Por Alejandro Espiño |
-
O ex ministro Joan Clos buscará fórmulas para atraer novos talentos que se asenten en Pontevedra
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O Observatorio Urbano fará un estudo actualizado do efecto do modelo de cidade na calidade do aire
Por Natalia Puga |