O Museo Manuel Torres moderniza as súas instalacións e estrea unha nova imaxe
Por Redacción
Ata 45.000 euros vanse a investir nun proxecto para a mellora integral de servizos e estética do Museo Manuel Torres de Marín. Esta actuación, que xa está en marcha, está recollida nun convenio asinado entre a Xunta de Galicia e o Concello de Marín.
Os traballos durarán varias semanas e estarán rematados antes de final de ano.
Esta modernización permitirá unha maior utilización do inmoble, conseguir darlle novos usos especialmente no ámbito dos novos valores, celebrar actividades complementarias, achegar a pinacoteca á cidadanía ou potenciar a figura do pintor Manuel Torres.
A actuación, que modernizará o edificio despois de tres décadas, consistirá na creación dunha nova identidade gráfica, o pintado xeral do interior, a renovación de servizos eléctricos ou a instalación de nova iluminación no salón de actos.
Ademais, acometerase o redeseño da fachada exterior e a colocación de nova rotulación, unha intervención estética nas escaleiras con vinilo, a dotación de paredes móbiles para crear un espazo polivalente orientado a exposicións ou a apertura de ocos de luz natural e ventilación.
O forrado da tarima e a instalación dunha traseira de escenario panelada en madeira e a adquisición de novo mobiliario para a sala central completarán este proxecto.
Relacionadas:
-
O Museo Manuel Torres estrea imaxe
Por Redacción |
-
O Museo Torres de Marín expón os seus tesouros
Por Redacción |
-
Aurora Lorda debuta cunha exposición no Museo Manuel Torres onde retrata a ollada feminina
Por Redacción |
-
Escolares de Marín visitan o Museo Manuel Torres polo 120 aniversario do nacemento do pintor
Por Redacción |