Barro adxudica a Cuartazona Enxeñería S.L. a redacción do proxecto da nova EDAR de Carballal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Xunta de Goberno local de Barro adxudica o proxecto de redacción da nova EDAR municipal no lugar do Carballal á empresa Cuartazona Ingeniería S.L. por ser a que presentou a mellor oferta económica sobre un orzamento base de licitación de 44.800 euros, que se financiará con fondos propios municipais.
A elaboración deste proxecto supón un chanzo máis no obxectivo do goberno municipal de estender este servizo á maior parte das vivendas do concello xa que, a día de hoxe, exceptuando a veciñanza do núcleo urbano, só teñen acceso á rede de sanemaento de augas residuais poucas vivendas da parte rural do municipio.
Hai dous anos o alcalde asinaba a compra por valor de 53.000 euros dunha parcela no lugar do Carballal de máis de 7.000 metros cadrados a carón da N-550, cuxa localización está avalada por un estudo técnico, para albergar unha EDAR moderna que dea servizo a todo o concello e que, ademais, poida ter capacidade para máis vivendas que as actuais, contemplando a posibilidade de crecemento a longo prazo do municipio.
O goberno municipal márcase como obxectivo prioritario unha vez finalizada a redacción deste proxecto a búsqueda de financiamento doutras administracións para que sexa unha realidade o máis pronto posible.