O parque infantil de Canelas converterase nunha área deportiva biosaudable
Por Redacción
Sanxenxo creará un novo parque biosaudable. Estará situado na zona de Canelas e substituirá ao parque infantil situado na Rúa Calvario, que se atopa moi deteriorado.
O novo de espazo, de aproximadamente 364 metros cadrados, estará dotado con ata once elementos para a práctica de calistenia.
O obxectivo é potenciar o exercicio físico entre a poboación adolescente e adulta.
O parque contará cunha serie de módulos colocados de forma secuencial para que se vaia traballando os grupos musculares do tren superior e inferior e do tronco.
Así, terá unha barra horizontal, tres varras paralelas, un banco de abdominais, dous espaldeiras de distintas alturas e unha barra de dominadas.
Ademais, colocarase unha bicicleta estática, unha roda grande, unha cadeira de adestrador de pectorales, un aparello de esquí de fondo, un remo, un elemento de slalom, un aparello de xiro de cintura, uns patíns estáticos e unha cadeira con pedais.
Na superficie combinarase o caucho e o céspede artificial.
O orzamento total da actuación ascende a 40.000 euros que, en parte, financiarase cunha axuda da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural de case 24.000 euros.
A poucos metros deste espazo, este verán a concellería de Medio Ambiente, dirixida por Juan Deza, puxo en valor a fonte pública co arranxo das importantes perdas de auga que sufría e o axardinamento da mesma con 179 plantas de distinta variedade.
A auga discorre agora por un regato de pedra rodeado de plantas e arbustos nun circuíto pechado e dimensionado para evitar un consumo innecesario de auga.