Sanxenxo mellorará a seguridade nunha das saídas da praia de Canelas
Por Redacción
Preto de 17.000 euros vai investir o goberno municipal de Sanxenxo nunha actuación coa que espera mellorar a seguridade nunha das saídas da praia de Canelas cara a PO-308.
A obra consiste nun ensanche do camiño municipal, grazas a unha cesión do propietario da parcela lindeira, e no posterior asfaltado.
Os traballos, que concluirán a próxima semana, duplicarán o ancho actual do camiño.
Na praia de Canelas, no outro punto de acceso, xa se habilitou o pasado verán unha senda peonil para garantir o paso seguro das persoas ao areal.