Urbanismo dá conta de pequenos trámites en grandes promocións privadas
Por Redacción
O concelleiro de Urbanismo, Xaquín Moreda deu cuenta este martes dos asuntos tratados na Comisión de Urbanismo do Concello de Pontevedra.
Por unha parte, se ten tratado o desenvolvemento do polígono B do subsector do solo urbanizable A-1.2 en O Vao-Campañó, situado entre a vella estrada de Vilagarcía e a actual.
A entidade mercantil Caenor SL, e as demais persoas propietarias do polígono, entre as que se atopan a avícola Lago Aves, Huevos y Caza, S.A, pediron o cambio do sistema de compensación ao concerto, un trámite que lles evita ter que celebrar xuntas de compensación e axilizar así os procesos.
Este cambio deberá ser sometido a exposición pública, para finalmente volver a ser aprobado polo mesmo órgano de goberno. A continuación os promotores deberán presentar o proxecto de equidistribución da parcela, é dicir, o proxecto no que se distribúen os espazos dentro da parcela (públicos e privados); e finalmente o proxecto de urbanización, para logo iniciar a tramitación das respectivas licenzas de edificación que se soliciten para este espazo.
O polígono do Vao A-1-2 é unha bolsa de terreo de 5.642 metros cadrados, cunha edificabilidade de 5.406 metros cadrados e 235 metros cadrados de estacionamento. Está situado ao carón da estrada de Vilagarcía, próximo á nave municipal.
CONSTRUCUATRO
Ademais, a Comisión de Urbanismo aproba a demolición parcial dunha esquina dun edificio que invade nun metro cadro o futuro vial que atravesará esta unidade de actuación número 18 do PXOM de Pontevedra.
En este terreo Construcuatro levantará un novo edificio de 107 vivendas que se executará en dúas fases: a primeira terá 60 vivendas e a segunda 47.
O concelleiro de Urbanismo Xaquín Moreda explicou que estes movementos amosan o dinamismo económico e urbanístico no que se atopa a cidade nestes momentos, e permiten ir completando a cidade nesta zona dentro da Unidade de actuación urbanística número 18.
Está previsto a edificación de 3 sotos, un baixo comercial, baixo, seis plantas e baixocuberta, en diferentes alturas dado o desnivel da parcela de 15.
Unha vez feita a demolición que terá un custe de 2.000 euros, o Concello poderá iniciar a tramitación da licenza de obra da primeira fase. Esta demolición vén xustificada porque o edificio actual tiña construído ese metro cadrado no que será unha nova rúa peonil.
Polo tanto, ao abeiro da edificación deste novo inmoble, os promotores abrirán unha nova rúa peonil entre Doce de Novembro e Eduardo Pondal de 64 metros lineais, e que levará por nome Barreiriñas. A construción desta rúa e completar o espazo público de Doce de novembro e Eduardo Pondal vinculado ás obras da nova edificación supoñen un investimento de 310.319 euros.