A Fiscalía pide catro anos de condena para un home que tentou secuestrar unha adolescente na cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A sección cuarta da Audiencia de Pontevedra sinalou para a próxima semana un xuízo polos delitos de tentativa de detención ilegal, lesións e ameazas. A Fiscalía reclama catro anos de prisión para un acusado de agarrar, tapar a boca e arrastrar a unha adolescente para metela na súa casa.
Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o caso sucedeu o pasado mes de febreiro na cidade de Pontevedra. Concretamente o día 26 dese mes, ás cinco e media da tarde cando a moza, de 16 anos, regresaba ao seu domicilio acompañada polos seus dous cans.
O relato do Ministerio Público recolle que o acusado, que tamén reside no mesmo edificio e na mesma planta, "achegouse a ela por detrás, e tapándolle a boca cunha man, arrastrouna cara á súa vivenda, logrando introducila no seu interior, onde a tirou ao chan".
A rapaza, nada máis liberarse da man coa que o acusado lle tapaba a boca, comezou a gritar pedindo auxilio, e debido aos berros proferidos, a parella da súa nai, saíu da súa casa, xusto no momento en que o acusado pretendía pechar a porta, logrando impedirllo, ao introducir o pé, sacando á menor e aos cans da vivenda.
O acusado, "con ánimo de amedrentalos", díxolles á moza e a parella da súa nai que lles ía a meter un tiro.
A Fiscalía pide que este veciño de Pontevedra sexa condenado a tres anos de prisión por un delito de detención ilegal en grao de tentativa, un multa de 480 por un delito leve de lesións e un ano de cárcere por ameazas.
Ademais, solicitará ao tribunal a que impoña ao presunto agresor unha indemnización de cen euros polas lesións e que lle prohiba achegarse ou comunicarse coa menor durante dous anos.
Relacionadas:
-
Un pontevedrés recoñece que arrastrou á súa veciña adolescente á súa casa á forza e tapándolle a boca
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O ataque de veciños do Vao a gardas e policías durante o confinamento acaba con 16 condenados
Por Natalia Puga |
-
As amigas non apoian a versión da menor que denuncia unha agresión sexual nun pub
Por Oskar Viéitez |
-
Condenado a seis anos de cárcere por tentar asasinar á súa muller acoitelándoa mentres durmía
Por Natalia Puga |