Voces Matrias organiza actividades polo Día Internacional da Muller Emprendedora
Por Redacción
Voces Matrias, Iniciativa feminista de Cerdedo-Cotobade, celebra a súa primeira actividade, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller Emprendedora.
Cumplindo cun dos seus obxectivos como colectivo feminista, o de promoción e visibilización do traballo en talento feminino do concello, lanzan en redes sociais unha campaña de visibilización e promoción de mulleres emprendedoras de Cerdedo-Cotobade, trátase da publicación dunha serie de post con información sobre a súa experiencia emprendedora, nas que se mostra o potencial e talento distribuido por tódalas parroquias do concello, e en todos os eidos e sectores económicos.
Por outra banda, o próximo día 20 de novembro ás 19 horas, terá lugar no Centro Cultural Nélida Piñón de Borela, un obradoiro de ferramentas e oportunidades para a muller emprendedora no rural, na era dixital. "Con este obradoiro queremos facer unha actividade de utilidade para todas aquelas mulleres que están emprendendo, ou que están pensando en facelo, e que sirva de orientación e asesoramento ó emprendemento", explican dende Voces Matrias.
Neste obradoiro contarán coa participación de Mariem Filgueira, da empresa Sherpa Empresarial; Inés Fernández da empresa Soytuhelper e Isabel García da empresa SEMtido.