O alumeado de Nadal chegará a Marín o 3 de decembro
Por Redacción
O Concello de Marín xa lle puxo data a un dos momentos máis agardados do Nadal en todas as localidades, o acendido do alumeado. Este ano será o día 3 de decembro.
A data deuse a coñecer este xoves ao mesmo tempo que o anuncio de que a Xunta de Goberno adxudicou a Creaciones Luminosas SL a instalación do alumeado.
A adxudicación fíxose por un importe de 72.479 euros, segundo a información municipal.
A ornamentación de Nadal terá un formato híbrido no que destaque tanto o alumeado como distintos elementos decorativos en forma de estacións que se colocarán en distintos puntos do centro urbano.
En canto aos decorados, instalaranse distintos motivos de Nadal, como unhas figuras dos camelos reais, unha recreación dunha vila de Nadal ou o Portal de Belén, entre outros.
Ademais, tal e como se avanzou a pasada semana, tamén se instalará na Alameda a feira de artesanía, que xa se celebrou o ano pasado.
Relacionadas:
-
O Nadal chegará a Marín este venres co alumeado e Exponadal
Por Redacción |
-
Repartirán 5.000 euros en vales de compra entre os consumidores de Marín
Por Redacción |
-
Marín converterase nunha vila de Nadal desde o 3 de decembro
Por Redacción |
-
Marín recuperará o tren do Nadal e as carpas da Alameda e do Parque Eguren
Por Redacción |
-
A iluminación do Nadal enche as rúas e prazas de Marín
Por Redacción |
-
O Nadal xa é visible nas rúas de Marín
Por Redacción |
-
Un Nadal sen cabalgata en Marín pero con luces e a estrea dun mercado
Por Redacción |