Cubela anuncia a reforma dos parques infantís en Quireza e Vilarchán

Por Redacción

© Concello de Cerdedo-Cotobade

© Concello de Cerdedo-Cotobade
Representantes do goberno local de Cerdedo-Cotobade co alcalde Jorge Cubela á fronte mantiñan un encontro con máis de medio centenar de residentes en Quireza. Durante esta reunión, na que tamén participaban Lourdes Ovelleiro, tenente de alcalde, e a concelleira Belén Casado, analizábanse as actuacións realizadas polo goberno local nesta parroquia.
O acto serviu para que Jorge Cubela anunciase o inmediato inicio da reforma integral dos parques infantís de Quireza e Vilarchán; ademais da canalización de augas pluviais en Outeiro, ata o lavadoiro do Campo. Tamén manifestou a intención do goberno municipal de reformar o local social coa idea de ampliar a instalación. Sinalou, por outra banda, que o parque infantil de Tres Aldeas atópase xa na súa fase final de reforma.
Ademais, o alcalde apuntou que se está xestionando a mellora do tramo da estrada provincial entre Fondós e Bugarín, unha vía de titularidade da Deputación de Pontevedra e que resulta de relevancia para a actividade da veciñanza.
Por outra banda, as persoas asistentes recibían información sobre os trámites que levan a cabo desde o Concello para solicitar unha subvención que permita cambiar a depuradora actual por un humidal de tipo artificial, ao entender desde o goberno de Cerdedo-Cotobade que será a mellor solución.
Por último, o rexedor lembrou a importancia de que a veciñanza se some ao Plan Municipal de Abastecemento de Auga Autónomo para xestionar as traídas de augas veciñais. Esta reunión, segundo Cubela, enmárcase na nova política de proximidade que está a desenvolver para que haxa participación cidadá nas actuacións do Concello.
Relacionadas:
-
Avanzan as obras de mellora do parque infantil da área recreativa de Santa Isabel
Por Redacción |
-
Renovan os parques infantís de Quireza, Tomonde, Cuíña, Vilarchán e Figueroa
Por Redacción |
-
Jorge Cubela pide reunirse coa Deputación para axilizar a mellora da estrada Fondós-Bugarín
Por Redacción |
-
O Concello de Cerdedo-Cotobade inicia en Quireza unha campaña de renovación de parques infantís
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade renovará 38 puntos de luz do alumeado público na travesía de Quireza
Por Redacción |
-
Acondicionan a estrada entre Quireza e Piñeiro para mellorar a seguridade viaria
Por Redacción |